Inicio Carballo ao día Axenda Días de Ecoloxía e Patrimonio...

Días de Ecoloxía e Patrimonio "Abrindo camiño" con Senda Nova

Do venres 23 de setembro ata o domingo 25 de setembro do 2016 Mercado Municipal - Todo o día

Abrindo camiño

Senda Nova celebra o seu décimo aniversario. Coa colaboración do Concello e de moitas outras entidades, a asociación ambiental celebra os Días de Ecoloxía e Patrimonio "Abrindo Camiño", unha cita na que facer reconto de todo o que se ten avanzado na última década, pero tamén unha forma de unir a entidades de Bergantiños e de toda Costa da Morte para seguir afondando no traballo conxunto que o asociacionismo realiza en Carballo e na contorna.

Obradoiros para nenos e nenas, faladoiros sobre cultura castrexa ou sobre o espazo natural de Baldaio e ornitoloxía, actividades artísticas con Crea Formas; presentación de actividades como o próximo Outono en Marcha... e moitas actuacións musicais. Infinidade de citas do 22 ao 15 de setembro no Mercado Municipal.

Todas as actividades, clicando aquí.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
29
30