Inicio Carballo ao día Axenda Mañá consciente: obradoiro de...

Mañá consciente: obradoiro de percusión con Ooruk Sambho

Sábado 12 de novembro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 11.00h Cultura

Ioga e percusión

As actividades denominadas como conscientes forman parte dun grupo de exercicios que permiten ás persoas que nelas participan introducirse nos seus propios pensamentos, desenvolvendo a solución de problemas como o estrés ou abrindo portas a posibles problemáticas que antes non sabían resolver. Non son actividades milagreiras, nin moito menos, senón que conseguen que a persoa se “conecte” co seu propio ser, coa súa vida, e tome o rumbo que quere levar na mesma.

A Biblioteca Rego da Balsa abre as portas a diferentes disciplinas que poden axudarte no teu día a día, a coñecer un mundo diferente de posibilidades para coñecerse mellor un mesmo. Por este durante toda a mañá do sábado 12 de novembro poderás practicar ioga, meditar cos tambores chamánicos ou gozar creando un poema, entre outras citas.

Ás 11.00 horas, poderemos participar nun obradoiro de percusión consciente, no que Ooruk Sambho nos falará de tambores chamánicos, paus de choiva e moitos mais instrumentos que nos axudarán a expresar os nosos sentimentos a través do son. Que melodía sairá d@s participantes desta sesión musical? Esta actividade tamén require inscrición previa no teléfono da biblioteca (981 758 580) ou no correo electrónico <biblioteca@carballo.gal>.

Todas as actividades son de balde e para público familiar! Se nunca participaches en ningunha actividade parecida, este é o momento para coñecer algo diferente. Ven e sorpréndete!

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31