Inicio Carballo ao día Axenda Mañá consciente: ioga da voz e...

Mañá consciente: ioga da voz e concerto de mantras

Sábado 12 de novembro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 13.00h Cultura

Bhakta Sisters

Bhakta Sisters

As actividades denominadas como conscientes forman parte dun grupo de exercicios que permiten ás persoas que nelas participan introducirse nos seus propios pensamentos, desenvolvendo a solución de problemas como o estrés ou abrindo portas a posibles problemáticas que antes non sabían resolver. Non son actividades milagreiras, nin moito menos, senón que conseguen que a persoa se “conecte” co seu propio ser, coa súa vida, e tome o rumbo que quere levar na mesma.

A Biblioteca Rego da Balsa abre as portas a diferentes disciplinas que poden axudarte no teu día a día, a coñecer un mundo diferente de posibilidades para coñecerse mellor un mesmo. Por este durante toda a mañá do sábado 12 de novembro poderás practicar ioga, meditar cos tambores chamánicos ou gozar creando un poema, entre outras citas.

Ás 13.00 horas, un concerto de mantras será o encargado de dar peche a esta xornada de actividades conscientes. As Bhakta Sisters, coa colaboración de Ooruk Sambho, sorprenderannos con fermosas melodías e ata poderemos realizar algunha proba de ioga da voz para sumarnos ao canto das mesmas. 

Todas as actividades son de balde e para público familiar! Se nunca participaches en ningunha actividade parecida, este é o momento para coñecer algo diferente. Ven e sorpréndete!

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31