Inicio Carballo ao día Axenda Festival de música tradicional Sons de...

Festival de música tradicional Sons de aquí

Sábado 12 de novembro do 2016 Pazo da Cultura - 21.00 h. Cultura

Sons de aquí

Sons de aquí 2015

"Sons de aquí" é un concerto de música tradicional a cargo das agrupacións musicais do Concello. As 12 agrupacións que participan dan boa mostra da riqueza do noso patrimonio musical e da asociacións que traballan nese ámbito no municipio durante todo o ano. Desta volta, está prevista a presenza da Banda de Gaitas Municipal de Carballo, as Cantareiras Xoldreira de AC Nemeth, o Grupo de Gaiteiros do San Cristovo, as Cantareiras San Campio de Cances, as Cantareiras O Candil de Sísamo, o grupo de Cantareiras San Martín de Razo, o grupo de gaitas Lembranzas e Bergantiños, o grupo de cantareiras da Asociación Cultural Argazo, o grupo de música Meigallos da nosa terra de Bértoa, as cantareiras e cantareiros do grupo Névedas da AC Arume e o Grupo de Gaitas de Arume de Berdillo.

A cita, de balde, a partir das 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31