Inicio Carballo ao día Axenda Presentación do libro "Sacar a...

Presentación do libro "Sacar a bailar. Poesía reunida (2009-2016)" de Rosalía Fernández

Sábado 19 de novembro do 2016 Pazo da Cultura - 19.30 h. Cultura

Sacar a bailar

O salón de actos do segundo andar do Pazo da Cultura acolle a presentación do libro "Sacar a bailar" da poetisa carballesa Rosalía Fernández Rial, dentro das actividades paralelas do Novembro con Música. A autora entende a poesía como un todo que excede o escrito e esténdese cara a outros xéneros (principalmente o dramático, pero tamén o épico) e que se impulsa cara a vida. A performatividade destes versos non é buscada senón que simplemente está, porque habita neles e o seu sentido non se completa ata que esta emerxa. A presentación contará coa actuación do grupo poético-musical ELO. A cita está organizada pola editorial Sial Pigmalión coa colaboración do Concello de Carballo.

Cita a partir das 19.30 horas. Entrada libre.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31