Inicio Carballo ao día Axenda Festival de corais no Pazo da Cultura

Festival de corais no Pazo da Cultura

Sábado 19 de novembro do 2016 Pazo da Cultura - 21.00 h. Cultura

Coro Aires de Bergantiños

Coro Aires de Bergantiños

Novembro propón tradicionalmente unha cita con dúas das agrupacións corais máis importantes da Comarca de Bergantiños, a Coral Polifónica de Bergantiños e o Coro Aires de Bergantiños. As dúas formacións comparten escenario nun concerto moi especial no que interpretarán temas de variada procedencia, estilo e xénero musical. Estas dúas corais son un referente na música vocal da contorna pola súa traxectoria así como polo súa profesionalidade e diferenzas á hora de interpretar o seu repertorio. Mentres a Coral se decanta cara a temas máis clásicos da polifonía o Coro Aires, pola súa parte, dedícase máis á música tradicional galega. Ao remate as dúas formacións teñen preparada unha sorpresa musical.

A partir das 21.00 horas no auditorio. Entrada libre.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31