Inicio Carballo ao día Axenda Estrea de "Sicixia, un paseo polo amor e a...

Estrea de "Sicixia, un paseo polo amor e a Costa da Morte" nos Multicines Bergantiños de Carballo

Venres 25 de novembro do 2016 Multicines Bergantiños - 20.30 h. Cultura

Sicixia

Un fotograma de Sicixia

Estrea de "Sicixia, un paseo polo amor e a Costa da Morte", a última longametraxe de Ignacio Vilar (director de "A Esmorga"), que terá lugar o venres, 25 de novembro nos Cines Bergantiños de Carballo ás 21.00 h. Previamente, ás 20.30 h. está previsto un fotocol con todos os protagonistas da fita, así como autoridades.

Ademais, logo do pase convidarase aos espectadores a unha degustación "Mar da Costa da Morte" por cortesía do GALP Costa da Morte da man dos cociñeiros Iván Domínguez (Grupo Amicalia, Grupo Nove e Coruña Cociña), Javier Rey (Grupo Amicalia), Pedro Roca (Restaurante Pedro Roca) Miguel Silvarredonda e Tino Otero (Porto-Muíños), maridada con viño godello "A Coroa" D.O. Valdeorras.

Cómpre subliñar que antes da súa estrea en cines o 25 de novembro, "Sicixia" está a recibir unha excelente acollida a nivel internacional, con varios recoñecementos, como o Premio á Mellor Actriz no XXI Festival Cinespaña de Toulouse (Francia) para a fisterrá Marta Lado.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4