Inicio Carballo ao día Axenda Inauguración da exposición "O...

Inauguración da exposición "O Apalpador imaxinario" de Senda Nova

Martes 13 de decembro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 19.30h. Cultura

Apalpador Senda Nova

A Biblioteca Rego da Balsa acolle a partir das 19.30 horas o acto de inauguración da exposición "O Apalpador imaxinario", que organiza a Asociación Ambiental Senda Nova no marco do programa Nadal Cultural 2016 coa colaboración das escolas de Carballo e Coristanco.

“O Apalpador imaxinado” inclúe unha colección de láminas elaboradas polo alumnado destas escolas, nas que retratan ao Apalpador. O propio homenaxeado aceptou o convite para inaugarar a exposición, así estará na Biblioteca para saudar a todos os nenos e nenas que se pasen por alí e queiran pedirlle algún agasallo especial para Noiteboa a tan ilustre convidado.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4