Inicio Carballo ao día Axenda Visita do Apalpador ás Escolas

Visita do Apalpador ás Escolas

Do mércores 14 de decembro ata o mércores 21 de decembro do 2016 Centros escolares de Carballo - Horario lectivo Cultura

Apalpador

A Asociación Ambiental Senda Nova, coa colaboración do Concello, organiza un ano máis visitas do Apalpador aos centros de ensino do municipio dentro do programa Nadal Cultural 2016. Será un percorrido que comece o mércores 14 de decembro e que rematará o mércores 21 e que se realizará polas mañás durante o horario lectivo.

O vello Apalpador é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4