Inicio Carballo ao día Axenda Presentación literaria: "Galicia, o...

Presentación literaria: "Galicia, o galego e os galegos" de Fernando Cabeza Quiles

Xoves 15 de decembro do 2016 Casino de Carballo - 20.30 h. Cultura

Galicia, o galego e os galegos

O libro "Galicia, o galego e os galegos" de Fernando Cabeza Quiles trata de redefinir e dignificar a idea que se ten de Galicia e dos galegos, o pobo penínsular, segundo o autor, de máis marcada personalidade diferenciada de todos os que forman o actual Estado español. Coa publicación de "Galicia, o galego e os galegos" Cabeza Quiles quere axudar a que Galicia sexa revisada, visible e respectada. Con esta teima, o autor ofrece ao lector un percorrido pola historia e a xeografía física e mental da nosa terra.

A cita, incluída no Nadal Cultural 2016, está organizada polo Instituto de Estudos Bergantiñáns. Terá lugar no Casino de Carballo a partir das 20.30 horas e a entrada é libre e gratuíta.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4