Inicio Carballo ao día Axenda "Menú da fala" con Carlos Blanco...

"Menú da fala" con Carlos Blanco e Luis Davila

Venres 16 de decembro do 2016 Pazo da Cultura - 21.00 h. Cultura

Menú da fala

Luis Davila e Carlos Blanco

O programa DAC Outono Cultural da Deputación da Coruña ofrece a actuación "Menú da fala". Carlos Blanco e Luís Davila son dous piares básicos do humor do país. Posiblemente os dous máis importantes no eido do humor narrado e do humor gráfico respectivamente. Unha mestura inesquecible de palabra e imaxe que vén de crear dous espectáculos realmente divertidos e diferentes.
 
Nesta xira ambos crean novo material e adaptan outros xa existentes para crear un espectáculo único e inesquecible con referencia ás figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María, amosando a súa incrible capacidade para faceren rir, adaptarse,integrar e facer humor con selo e calidade de país.

A cita é a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura e a entrada é libre e gratuíta con convite previo, que pode recollerse no Pazo da Cultura. Máis info, no 981 704 300.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4