Inicio Carballo ao día Axenda Arranca o Curruncho Pop con Javier Colis e...

Arranca o Curruncho Pop con Javier Colis e Psychofonía

Sábado 4 de marzo do 2017 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Hoxe arranca a segunda edición do Curruncho Pop, o ciclo de concertos de pequeno formato que se celebran na Biblioteca Rego da Balsa.

Dende A Rioxa chega Javier Colis, que posúe un son e un estilo inimitables, cunha particular e moi interesante experimentación e prospección dos límites sonoros e poéticos. Colis  estivo presente en proxectos moi interesantes da escena de finais dos 80 e comezos  os 90 con nomes como Demonios Tus Ojos, Vamos A Morir, e Mil Dolores Pequeños.

Hoxe tamén teremos a ocasión de coñecer o novo proxecto do carballés Suso Serrano, que xa nos ofreceu un anticipo onte no Rockarballo. Despois de moitos anos baixo o nome de Lowcos, Serrano e o santanderino Nacho Ferrero sorpréndennos con Psychofonía, cun estilo escuro e moi persoal que bebe de influencias de artistas como Nick Cave ou Surfin’ Bichos.

A entrada ao Curruncho Pop é de balde, e ademais os concertos comezan ás 20.30 para que poidades desfrutalos en familia. 

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4