Inicio Carballo ao día Axenda Víctor Coyote, no Curruncho Pop

Víctor Coyote, no Curruncho Pop

Sábado 18 de marzo do 2017 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

O 18 de marzo teremos no Curruncho Pop ao polifacético Víctor Coyote, deseñador gráfico, pintor, autor de cómic, ilustrador, escritor, realizador de documentais e videoclips, actor e, sobre todo, músico. O de Tui traeranos o seu último traballo discográfico, ‘De pueblo y de río’ (Eureka, 2015), que inclúe versións en portugués de Roberto Carlos, Amália Rodrigues ou Jorge Ferreira.

O Curruncho Pop é un festival para todos os públicos, no que, dadas as características da instalación, ofrécense concertos de pequeno formato e para un máximo de 90 persoas. As entradas son de balde, pero por esas limitacións de espazo requírese a reserva previa a través de biblioteca@carballo.gal ou no número de teléfono 981 758 580 (máximo catro pases por persoa).

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4