Inicio Carballo ao día Axenda "A mestra Tomasa lendo e viaxando polo...

"A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo" chega a Carballo

Domingo 2 de abril do 2017 18 horas - Auditorio do Pazo da Cultura Lingua

No marco do programa “Coa lingua fóra”, da Deputación da Coruña, o domingo 2 chegará a Carballo o espectáculo teatral infantil “A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo”, da compañía Duende Sico, dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

Nel o trasno Floripondio quere conseguir o diploma de “contacontos viaxeiro”. Para conseguilo debe impresionar a mestra Tomasa. Coñecer as partes dun libro, saber contar historias e entender o seu fondo son algunhas das habilidades que o trasno Fliripondio debe ter para conseguir o diploma. O espectáculo, sempre dende o humor e o dinamismo, trata temas como o fomento da lingua, a lectura e a igualdade.Bromas, conxuros, participación da cativada, música en directo, mestura de actores e monicreques..., son algúns dos ingredientes deste espectáculo centrado nos libros e no que o público participa moi activamente.

A asistencia á representación é de balde, mais débense recoller previamente os convites (máximo 4 por persoa) na Biblioteca Rego da Balsa (10.30 a 20.30 h) ou no Servizo de Normalización Lingüística do Pazo da Cultura (de 10 a 14 h).

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4