Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiro de parkour

Obradoiro de parkour

Venres 28 de xullo do 2017 11 a 12.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

A Biblioteca Rego da Balsa converterase nun campo de prácticas dirixidas pola Vella Escola Xuvenil, unha entidade centrada na difusión en Galicia das diferentes disciplinas de cultura urbana e que ofrece á xente nova a posibilidade de participar activa e socialmente en distintos proxectos que favorecen o seu desenvolvemento integral mediante a formación, a expresión artística, o ocio activo e a integración social.

A actividade máis innovadora será, o venres 28, un taller que permitirá que os rapaces e as rapazas teñan o seu primeiro contacto co parkour, unha actividade que comezou en Francia a finais dos 80 que cultiva a arte do desprazamento, sobre todo por espazos urbanos, de maneira que as persoas que o practican deben moverse dun sitio a outro o máis rápida e fluidamente posible, utilizando unicamente as habilitades do seu corpo e sorteando todo tipo de barreiras.

Necesaria inscrición previa. 

Compartir:


- 2017 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
9
10
11
12
13
15
16
17
18
19
23
24
25
26
29
30
31