Inicio Carballo ao día Axenda Campaña de promoción e...

Campaña de promoción e difusión dos viños galegos “Beber do país”

Do venres 24 de novembro ata o domingo 26 de novembro do 2017 Consultar horarios - 2º andar do Mercado Municipal

O 2º andar do Mercado Municipal acolle Beber do país, unha campaña para dar a coñecer os viños galegos que visitou con anterioridade outras localidades e que confirma o compromiso da Concellaría de Promoción Económica e do Concello de Carballo coa promoción dos produtos da nosa comunidade.

A actividade comeza o venres 24, ás 19.00 horas, cunha mesa redonda na que participarán especialistas de prestixio, e posteriormente realizarase unha cata comentada. A asistencia é libre e gratuíta.

O sábado 25 e o domingo 26, de 12.00 a 14.30 e de 18.00 a 20.30 horas, abrirase o túnel do viño con entrada gratuíta, pero con invitación. Os convites repartiranse entre os sectores da hostalaría e da distribución, que son os principais destinatarios da iniciativa, pero tamén se abrirán as portas ao público en xeral.

As entradas poden solicitarse no Museo de Bergantiños, tanto por teléfono como a través do correo electrónico museo@carballo.gal, e tamén na mesa redonda do día 24.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4