Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria anual de subvencións...

Convocatoria anual de subvencións destinadas a asociacións de empresarios e comerciantes

Por segundo ano consecutivo, a Concellaría de Promoción Económica destina 70.000 euros á convocatoria anual de subvencións destinadas a asociación de empresarios e comerciantes para impulsar acción de dinamización, programas de formación e actividades de promoción económica.

O prazo de solicitude comeza o martes 3 de maio, tras a publicación o día anterior do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). As entidades dispoñen de 20 días naturais para presentar as súas solicitudes. Tanto as bases coma o impreso están dispoñibles máis abaixo.

Descargas

Compartir: