Inicio Centro de atención cidadá Calendario do contribuínte

Calendario do contribuínte

Primeiro período anual de cobro de tributos: marzo - maio

Primeiro período anual de cobro de tributos de devengo periódico e cobro por recibo: entre marzo e maio.

Tributos postos ao cobro: 

  • Taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos.
  • Taxa pola reserva de vías para vaos permanentes.
  • Taxas pola reserva de espazos para estacionamento.
  • Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

Segundo período anual de cobro de tributos: setembro - novembro

Segundo período anual de cobro de tributos de devengo periódico e cobro por recibo: entre setembro e novembro.

Tributos postos ao cobro: 

  • Imposto sobre Bens Inmobles.
  • Imposto sobre Actividades Económicas.

* As datas de ambos períodos poden sufrir cambios por axustes de calendario, estando suxeitas ao que se dispoña nos correspondentes Anuncios de posta ao cobro no Boletín Oficial da Provincia (BOP) polo que as datas sinaladas anticípanse tan só a efectos orientativos.

Lugar e formas de pago

Os/as contribuíntes poderán realizar o pago dos seguintes xeitos:

-Por domiciliación bancaria.
-Por ingreso na oficina da Recadación Municipal, situadas na rúa Camiño Novo, número 7, entreplanta Galerías Comerciais. Estes son os horarios de apertura:

  • De luns a xoves, de 09:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:30 horas.
  • Os venres, de 09:00 a 13:30 horas.
-Por ingreso en entidades bancarias, na conta restrinxida de recadación do Concello de Carballo.
-Por transferencia bancaria á mesma conta.

Calquera información adicional pode solicitarse chamando ao teléfono 981704278 ou a través do correo electrónico recadacion@carballo.gal.

Compartir: