Inicio Carballo ao día Hemeroteca 150 rapaces participarán o sábado...

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

150 rapaces participarán o sábado da fase final provincial de Balonmán de Deporte en Idade Escolar

Xoves 31 de maio do 2007

Oito equipos disputarán a categoría alevín, mentres que na categoría benxamín participarán catro equipos, clasificados da Zona da Coruña e Ferrol. O sistema de competición será dunha liga a unha volta, polo que todos os equipos disputarán tres partidos para decidir os postos finais. Todos os equipos participantes nesta fase final provincial de balonmán comerán no comedor do colexio FOGAR de Carballo, polo que será unha xornada de convivencia dos nenos moi importante. En total participarán 150 deportistas de idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos.

Compartir: