Inicio Carballo ao día Hemeroteca Cruz Vermella agradece a colaboración do...

GALARDÓN

Cruz Vermella agradece a colaboración do Concello de Carballo coa entrega dun Diploma de Honra

Venres 29 de xuño do 2007

Matilde Anido deu as grazas ao Concello pola colaboración prestada ao longo dos últimos anos e engadiu que "desde Cruz Vermella temos moitos proxectos e estamos a facer moitas cousas, polo que necesitamos moitísimos voluntarios". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou no acto que "para calquera administración é unha obriga colaborar con Cruz Vermella e para o Concello de Carballo, en nome de todos os carballeses,é unha honra recibir esta alta distinción por parte dunha ONG de máximo prestixio". A Asamblea Local da Cruz Vermella demandou que a colaboración co Concello de Carballo siga a ser tan efectiva ao longo dos vindeiros anos.

Compartir: