Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Rede de Dinamización da Sociedade da...

NOVAS TECNOLOXÍAS

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza un novo obradoiro en Carballo

Martes 3 de xullo do 2007

Pola demanda que está a haber e a lista de espera conseguinte, os grupos para estes obradoiros xa están pechados. Pola contra, todo aquel que estea interesado en participar noutros obradoiros, de igual ou diferente temática, pódense informar no punto de atención da Rede de Dinamización da Sociedade da Información no concello de Carballo, que se atopa na Aula Informática Municipal, nas Antigas Escolas do Xardín, en horario de 10,00 a 14,00 horas. Pódese facer tamén a través do teléfono 981 757 362. Os interesados obterán información sobre os obradoiros que se están a levar a cabo e todo o referente ao proxecto da Rede de Dinamización da Sociedade da Información.

Compartir: