Inicio Carballo ao día Hemeroteca A praza do Chorís e a praia de Razo...

CULTURA

A praza do Chorís e a praia de Razo acollen as primeiras proxeccións do ciclo Noites de Cine

Mércores 4 de xullo do 2007

Pérez, o ratiño dos teus soños é unha película de animación baseada no conto popular que tivo un grande éxito na súa estrea, cunha positiva mensaxe a favor da familia unida, a humanización do traballo e o poder da amizade. Esta proxección está destinada ao público infantil.

Proxección en Razo

O xoves, 5 de xullo, continuará o programa Noites de Cine na praia de Razo, tamén ás 22.30 horas, coa película de acción, aventuras e ciencia-ficción Superman returns: el regreso.

Compartir: