Inicio Carballo ao día Hemeroteca O TSXG admite a trámite o recurso...

URBANISMO

O TSXG admite a trámite o recurso presentado polo Concello contra a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal

Mércores 4 de xullo do 2007

O Concello de Carballo recibía a finais do pasado mes de marzo a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo estimaba o recurso presentado polo presidente da asociación de veciños de San Cristovo para a anulación do acordo plenario. A sentencia consideraba que existían infraccións no procedemento de elaboración e aprobación que debían comprer os plans xerais. Ademais, aludía a que non se presentaba razoable que a Xunta emitira un informe favorable, cando a natureza e contido das correccións parecían exixir unha nova comprobación por parte da Administración Autonómica.

Compartir: