Inicio Carballo ao día Hemeroteca Preto de 400 maiores de Carballo...

TERCEIRA IDADE

Preto de 400 maiores de Carballo participarán do ‘II Encotro para os nosos Maiores’ no Carballiño

Xoves 5 de xullo do 2007

Para acudir ao evento do sábado, haberá servizo de autobús gratuíto polas parroquias a partir das 07,30 horas e a partir das 08,00 horas en Carballo. O programa do II Encontro para os nosos Maiores inclúe actuacións de bandas locais, baile, actividades interactivas de paseo e visita para coñecer a paisaxe e monumentos, obradoiros para posta en valor das tradicións, oficios e costumes do patrimonio da nosa terra. Para máis información, os interesados poden chamar aos números de teléfono 981 703 256 ou 981 704 300. Pódese levar comida e tamén haberá postos de venda.

Compartir: