Inicio Carballo ao día Hemeroteca A corporación municipal reúnese en...

CONVOCATORIA

A corporación municipal reúnese en sesión plenaria extraordinaria

Xoves 5 de xullo do 2007

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, contaría con dedicación exclusiva e seguiría a percibir a cantidade que recibía como mestre, 38.040,10 euros brutos anuais, en catorce pagas. O único Tenente de alcalde, José Antonio Viña, tamén tería unha dedicación exclusiva, percibindo 51.800 euros brutos anuais. As outras tres dedicacións exclusivas son para tres concelleiros do grupo municipal do BNG: Belén Lendoiro, Luis Lamas e Benedicto Viña. Os tres cobrarían 36.210 euros brutos anuais, a mesma cantidade que cobraba Belén Lendoiro como mestra. As dedicacións parciais serían para Lourdes Rey e Marcos Trigo, do BNG, e María Jesús Vázquez, do PSOE. Os tres pasarían a percibir a cantidade de 18.105 euros brutos anuais. O pleno pronunciarase tamén en torno ás comisións informativas permanentes. A proposta, neste sentido, recolle varias modificacións en relación ás da pasada lexislatura. O pleno pasaría a organizarse en catro comisións informativas permanentes: Facenda, Patrimonio e Especial de Contas; Urbanismo e Medio Ambiente; Benestar e Xestión Municipal; e Promoción Económica, Obras e Desenvolvemento. As comisións informativas permanentes contarán con tres representantes do BNG, dous do Partido Popular, 1 de Terra Galega e un do PSOE. Haberá tamén unha Comisión Especial de Seguridade, conformada por un representante de cada grupo político da corporación municipal. Outro dos puntos a abordar será o da representación da corporación en órganos colexiados. O Padroado Deportivo Municipal estaría representado por un integrante de cada formación política máis o alcalde de Carballo. A mesma distribución dáse na Mesa de Negociación e na Baremación e Seguimento da Escola Infantil Municipal. En torno aos centros escolares, a representación do Concello estará formada por integrantes do grupo de goberno. Ademais, a periodicidade dos plenos estableceriase para os últimos luns de cada mes a partir das 20,30 horas, a única tenencia de Alcaldía sería para José Antonio Viña e a representación das Xuntas de Goberno Local pasarían a estar integradas por cinco concelleiros do BNG (Evencio Ferrero, Belén Lendoiro, Luis Lamas, Dores Silveira e José Manuel García Guillín) e dous do PSOE (José Antonio Viña e María Jesús Vázquez).

Compartir: