Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo de matrícula no...

ENSINO

Aberto o prazo de matrícula no Conservatorio de Música de Carballo

Luns 9 de xullo do 2007

O alumnado que está a cursar estudos de Grao Elemental e Medio no Conservatorio así como o alumnado que superou as probas de acceso a 1° curso de Grao Medio na convocatoria de xuño de 2007 (sexan alumnos do Conservatorio ou de nova incorporación), deberán formalizar as súas matrículas entre o 9 e o 20 de xullo.

O alumnado que desexe iniciar os seus estudos de música no Conservatorio de Carballo deberá realizar unha preinscrición entre o 9 e o 20 de xullo. Para este trámite o/a aspirante terá que ter cumpridos os 8 anos de idade -ou cumprilos ao longo do curso académico 2007/08- e non precisará máis que facilitar os seus datos persoais así como o instrumento no que se queira matricular. A matrícula oficial realizarase no mes de setembro.

Compartir: