Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local aproba seis novas...

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local aproba seis novas certificacións de obra

Luns 9 de xullo do 2007

A Xunta de Goberno Local autorizou, ademáis, licenzas de obra para os proxectos básicos de tres edificios de 10, 20 e 8 vivendas, nas rúas San Martiño, Río Deza e Venus respectivamente. Tamén foron autorizadas as licenzas para a substitución da cuberta dunha vivenda unifamiliar en Sísamo e o proxecto de execución de edificio para un total de cinco vivendas, garaxes e trasteiros na avenida Cristina. Aprobáronse tamén os programas do Verán Cultural, do Concello de Carballo, e de Cultura na Rúa, da Consellería de Cultura, ademais da autorización de licenzas de tres vaos permanentes nas rúas Río Sil, Túnel e Brasil.

Compartir: