Inicio Carballo ao día Hemeroteca O curso de Axente de Tempo comezou cunha alta...

REMATA O VINDEIRO VENRES ÁS 12:30 HORAS

O curso de Axente de Tempo comezou cunha alta participación

Luns 16 de xullo do 2007

O curso que comezou onte na aula de informática, cunha asistencia maior que a que se determinara na súa inscrición, ten por obxecto promover o intercambio de tempo entre usuarios/as maiores de idade (socios), que se atopen dados de alta no sistema e ofrece a oportunidade de que os seus usuarios se coñezan e confíen nos demais para resolver necesidades da súa vida diaria. Desta forma, o CIM do Concello de Carballo tentará mellorar a calidade de vida dos cidadáns/ás, dinamizando a vida local.

O devandito intercambio consiste en ofrecer un determinado servizo a cambio do tempo que custe realizalo e demandar outros servizos a cambio do valor que se este disposto a pagar. Todos os servizos teñen o mesmo valor, é dicir, que valería o mesmo acompañar nenos/as ao colexio que arranxar un enchufe ou pasear a un can, poñendo por caso.

Os servizos que se poden ofrecer van dependen das persoas que se apunten neste banco e entre os moitos exemplos posibles poderían estar os seguintes: levar nenos/as ao colexio; acompañar persoas a determinados eventos, citas médicas, xestións administrativas...; ensinar a cociñar, coser; arranxar unha bicicleta; aprender idiomas, música; realizar manualidades; coidar animais domésticos; arranxar cuestións de mecánica; dar masaxes; maquillar...

Clausurase o vindeiro venresAo acto de peche deste curso, que terá lugar o vindeiro venres ás 12:30 horas, está previsto que acudan o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Promoción Económica de Allariz, Cristina Cid Fernández, que falará do desenvolvemento desta mesma experiencia neste concello ourensán.

Compartir: