Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Consellería de Presidencia concede...

SUBVENCIÓNS

A Consellería de Presidencia concede axudas e novo material para o servizo de Protección Civil de Carballo

Martes 5 de agosto do 2008

Con este novo material, o corpo de Protección Civil espera reforzar o seu equipo, especialmente no caso do servizo de socorrismo que se desenvolve durante todo o verán nos areais do municipio carballés. Por outra banda, a Concellaría de Praias que dirixe Benedito Viña tamén quere informar de que xa está izada de novo a Bandeira Azul no areal de Razo. Hai que lembrar que estivo arriada durante tres semanas porque a normativa deste distintivo esixe que sexa retirada mentres estean desenvolvéndose traballos nas praias nas que ondea, e durante ese lapso de tempo a Demarcación de Costas estivo realizando as obras para a reposición de taludes en Razo.

En todo caso, durante esas tres semanas a distinción mantivo a súa vixencia e o areal segue contando cos mesmos servizos que motivaron a concesión da bandeira. A ONG Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor premia a calidade das augas, a calidade dos servizos, a xestión ambiental, a seguridade e, en xeral, as instalacións das que dispón a praia.

Compartir: