Inicio Carballo ao día Hemeroteca O grupo Brath abre en Carballo "As portas de...

VERÁN CULTURAL

O grupo Brath abre en Carballo "As portas de Lug" cun concerto que mestura música celta e pop-rock

Venres 8 de agosto do 2008

Brath foi fundado no ano 1977 polo músico Eloi Caldeiro, un dos pioneiros da fusión dos sons tradicionais co pop e o rock. Dende os seus comezos, a agrupación optou por incluír un baixo electrónico e unha batería nas súas cancións, obtendo un son característico. O grupo ten unha ampla discografía que avala o seu traballo, discografía que se completa con gravacións de discos colectivos e bandas sonoras para filmes e series de televisión. Ademais, levan dado numerosos concertos dentro é fora das fronteiras galegas, participando nos festivais mais importantes de música folk, celta e étnica que se celebran en Europa.

‘Ás portas de Lug’ é unha obra cargada de simbolismo e lendas que leva a Brath polo camiño da innovación e da vangarda da música galega, influencias que se verán plasmadas no concerto carballés. A actuación está incluída no programa do Verán Cultural do Concello de Carballo, e está patrocinada por Caixanova. A entrada é de balde.

Compartir: