Inicio Carballo ao día Hemeroteca Razo é o escenario dun torneo de...

CARBALLO SAUDABLE

Razo é o escenario dun torneo de volei-praia dentro do programa ‘En vacacións móvete’

Venres 8 de agosto do 2008

O torneo está dividido en varias categorías: alevín infantil (de 10 a 13 anos); infantil cadete (de 14 a 17 anos); e súper 80 (a suma máxima das idades dos xogadores de cada equipo). Os participantes poderán contar, así mesmo, con auga e froita como avituallamento. As inscricións poden formalizarse no número de teléfono 606 400 858 ou na explanada da praia de Razo. O campionato está organizado polo Concello de Carballo coa colaboración do Club de Volei-praia Costa da Morte, a Deputación da Coruña, a Consellería de Sanidade -a través do programa Concellos Saudables- e Pasea (Programa galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación).

O volei-praia está sendo unha actividade habitual na praia de Razo, na que a diario, a partir das 16.00 horas, os veciños poden practicar este deporte, ademais de xogar ao shutball, o brilé ou os discos voadores. A iniciativa está tendo un notable éxito, xa que arredor de cen persoas participan na proposta cada día. No caso do volei, as modalidades son de 4x4 e 2x2, ademais de haber unhas escolas de iniciación para os máis inexpertos.

Compartir: