Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezan os traballos para crear a nova glorieta...

OBRAS

Comezan os traballos para crear a nova glorieta de acceso ao Polígono Industrial de Bértoa

Luns 11 de agosto do 2008

Os traballos iniciaranse o mércores 13 de agosto co recheo do entorno da estrada. A futura glorieta contará cun diámetro superior aos 30 metros e implica tamén a mellora do vial de acceso dende a AC-552 ata o polígono. As obras estanse emprendendo nesta época para obstaculizar o menos posible aos empresarios do polígono de Bértoa, xa que é no mes de agosto cando se produce un importante descenso da actividade. Hai que lembrar que nestes momentos está en marcha unha ampliación do parque empresarial de Carballo que supón a creación de 1.272.489 metros cadrados para a infraestrutura. As obras deron comezo a finais do pasado ano 2007 e marchan a moi bo ritmo.

A ampliación divídese nunha primeira etapa de máis de 720.000 metros cadrados que está sendo executada por unha Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por CRC Obras y Servicios e Lubasa, que contan cun prazo de execución para a finalización do proxecto de 18 meses. A segunda está nestes momentos en trámites, e implica a creación doutros 540.000 metros. Ao remate da totalidade do proceso de ampliación, o parque empresarial de Bértoa contará cunha superficie de preto de dous millóns de metros cadrados.

Compartir: