Inicio Carballo ao día Hemeroteca Iniciadas as obras para a dotación da...

AFORRO ENERXÉTICO

Iniciadas as obras para a dotación da piscina da zona Bergantiños de paneis de enerxía solar térmica

Mércores 13 de agosto do 2008

O orzamento de adxudicación dos traballos ascende a un importe total de 142.407 euros, e a empresa contará cun prazo de execución de tres meses para a súa finalización, aínda que o Concello espera que as obras rematen canto antes. As melloras estanse realizando no mes de agosto para obstaculizar o menos posible a actividade cotiá desenvolvida durante o curso na piscina municipal, que permanecerá pechada ata o 15 de setembro.

Este proxecto pretende contribuír a reducir o consumo enerxético das instalacións da piscina Carballo Calero co apoio da produción dos paneis solares. En todo caso, está previsto conservar a caldeira actual, que servirá para cubrir os baleiros nos días en que a enerxía solar non sexa suficiente para a posta en marcha das instalacións. A implantación dun sistema de enerxía solar térmica na piscina Carballo Calero forma parte dun plan do Concello de Carballo para o aforro enerxético, no que están incluídas outras actuacións como a execución do proxecto Temunde de enerxías renovables no barrio da Milagrosa.

Compartir: