Inicio Carballo ao día Hemeroteca A selección española...

RECEPCIÓN NA ALCALDÍA

A selección española paralímpica de deportes de inverno completa a súa preparación practicando surf na praia de Razo

Mércores 20 de agosto do 2008

Nunha cita relaxada, Viña non dubidou en amosar a súa sorpresa pola presenza dos deportistas de esquí, e en ton de broma mencionou que a cima máis elevada do municipio non supera os 600 metros, e que en Carballo a neve é case un "milagre". Sen embargo, o surf é unha disciplina que axuda moito no adestramento dos esquiadores, polo que Viña tamén quixo subliñar que as ondas de Razo son moi axeitadas para a práctica deste deporte.

Sylvana Mestre, que dirixe a selección española, é directora técnica da Federación de Deportes de Invierno para Ciegos e presidenta do International Paralympics Comité. Mestre quixo agradecer aos carballeses a acollida coa que teñen recibido ao equipo paralímpico, e destacou que o traballo desenvolvido estes días nas instalacións de Raz Surfcamp é moi importante. A seleccionadora non descartou volver nun futuro a Carballo e tamén recibiu os parabéns e os mellores desexos para a competición de parte dos representantes do Goberno municipal.

Compartir: