Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello instalará novas...

MANTEMENTO

O Concello instalará novas sinalizacións nos contedores para impedir que os vehículos obstaculicen a recollida de lixo

Mércores 27 de agosto do 2008

Segundo informan dende as concellarías de Medio Ambiente e Mantemento, está previsto instalar este sistema en dous puntos da rúa Barcelona, nun da rúa Luís Calvo, na Avenida de Fisterra, nos contedores do Mercado Municipal situados na Gran Vía -que poden verse na imaxe- e na rúa Perú. Os traballos principiaron onte e está previsto que finalicen en breve.

Por outra banda, dende a Concellaría de Tráfico informan de que o Concello planea a instalación de cinco novos puntos de aparcamento para bicicletas no municipio, de seis prazas cada un. Así, está prevista a súa implantación na Praza do Concello, no Chorís, nas piscinas Carballo Calero e Vila de Noia e na praia de Razo. O goberno local espera así dar cobertura ás dúas principais áreas deportivas da capital municipal -na zona dos colexios Bergantiños e Fogar- ademais de cubrir zonas próximas aos parques ou o areal de Razo -neste último caso para complementar a construción do carril-bici.

O Concello pretende impulsar tamén con esta medida o emprego da bicicleta e o desenvolvemento de hábitos de vida saudables, especialmente entre a poboación máis nova, e tamén axudar desta forma ao desenvolvemento dalgunhas das actividades incluídas no programa ‘Carballo Saudable’.

Compartir: