Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de Saúde de Carballo...

SANIDADE

O Centro de Saúde de Carballo contará cun servizo de atención sanitaria ininterropida durante as fins de semana

Luns 1 de setembro do 2008

O Servizo Galego de Saúde centraliza deste xeito a asistencia sanitaria urxente cun total de catro profesionais médicos de Atención Primaria, un profesional de pediatría que prestará a atención sanitaria urxente durante os sábados pola mañá e catro profesionais de enfermería, ademais de persoal de xestión e servizos xerais durante toda a quenda. O PAC de Carballo tamén disporá de transporte sanitario para a atención a domicilio, e estará en todo momento en coordinación coas emerxencias a través da central de Urxencias Sanitarias de Galicia, 061.

Segundo subliñan dende a Xerencia de Atención Primaria, este cambio organizativo pretende mellorar "a capacidade e a calidade asistencial" da atención sanitaria, xa que o PAC conta co equipamento tecnolóxico e sanitario axeitado para a poboación adulta e pediátrica, coa posibilidade de aumentar as técnicas terapéuticas. Así mesmo, coa centralización da atención das urxencias sanitarias da fin de semana no PAC, o Servizo Galego de Saúde espera "mellorar a continuidade asistencial". A Xerencia tamén resalta o feito de que o persoal sanitario poida, ademais, contar con transporte sanitario con condutor para poder realizar os seus desprazamentos, o que mellorará a accesibilidade na prestación da atención domiciliaria.

Compartir: