Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Goberno aproba o expediente de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Goberno aproba o expediente de contratación para elaborar un estudo para a mellora do abastecemento de auga

Luns 1 de setembro do 2008

No apartado de expedientes de contratación, a Xunta de Goberno Local tamén aprobou o contrato para o ‘Servizo de dirección e coordinación da Banda de Gaitas Municipal de Carballo’, así como o referente ao ‘Servizo de ensino para a especialidade de percusión que se está a prestar por parte do Concello de Carballo no Conservatorio Profesional de Música, así como o de asistencia técnica á Banda de Música de Carballo’. No primeiro caso, o proceso está rexido por un negociado sen publicidade, e o obxectivo do contrato é o de facilitar o servizo de ensino, corrección e harmonización de todos os integrantes da Banda de Gaitas. O contrato tería unha duración de dous anos e o servizo ten un prezo de máis de 14.000 euros.

No segundo caso, o Concello tamén pretende facilitar o ensino na especialidade de percusión para a Banda de Música Municipal, ademais de prestar asistencia técnica para a harmonización destes instrumentos. Así mesmo, o contrato especifica o obxectivo de facer chegar á poboación interesada en música, e en concreto en percusión, a oportunidade de coñecer e formarse nos instrumentos que integran a familia desta especialidade musical. O prezo do contrato de servizos e superior aos 33.000 euros e a duración do compromiso sería de dous anos.

Por último, a Xunta de Goberno Local autorizou a implantación de seis vaos permanentes; e concedeu tres licenzas de primeira ocupación, seis licenzas de obra e dúas licenzas de apertura por actividades molestas.

Compartir: