Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo supera os 31.000 habitantes

POBOACIÓN

Carballo supera os 31.000 habitantes

Mércores 3 de setembro do 2008

Hai que lembrar que foi o 27 de xullo de 2005 cando o Concello carballés pasou por primeira vez dos 30.000 habitantes, co cal, o cremecemento demográfico en tres anos ten sido de mil persoas, aproximadamente, un algarismo que indica un aumento de poboación dun 3 por cento neste período. O Alcalde carballés, Evencio Ferrero, tiña resaltado no seu momento o feito de chegar aos 31.000 habitantes como unha excelente nova para Carballo, que lidera o índice de crecemento demográfico entre as vilas da Costa da Morte. Así, mesmo, hai que subliñar que Carballo se atopa entre as 200 vilas con máis poboación de toda España.

Por outra banda, dentro deste incremento demográfico hai que resaltar a presencia de estranxeiros entre a poboación do Concello, que aumenta cada ano de xeito paulatino, con ata 800 persoas chegadas de ata 35 países nos últimos catro anos.

Compartir: