Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello palía as deficiencias de...

NOVAS TECNOLOXÍAS

O Concello palía as deficiencias de recepción da TDT no municipio coa instalación dun transmisor en Entrecruces

Mércores 3 de setembro do 2008

A implantación desta instalación é unha primeira medida dentro dun programa emprendido polo Concello carballés para mellorar a cobertura de TDT en todo o municipio. A pesares de que as administracións locais non teñen competencias en materia de telecomunicacións e que existen plans específicos a nivel galego e estatal pensados para ampliar a cobertura de TDT, o Concello entende que "é a súa obriga traballar para axilizar e mellorar a recepción deste sinal na medida das súas posibilidades", segundo subliña o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín.

Dende a Concellaría de Promoción Económica avaliouse que o mellor era comezar pola zona con máis carencias, neste caso o entorno da parroquia de Entrecruces. Pouco a pouco está previsto ir mellorando a cobertura en todo o territorio. A través deste programa, o Concello traballa para o chamado ‘apagón analóxico’ que está previsto que se produza no ano 2010. O obxectivo é que esta circunstancia afecte ao menor número posible de veciños e veciñas.

Compartir: