Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Proxecto Forum Carballo pasa pola súa...

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

O Proxecto Forum Carballo pasa pola súa presentación definitiva en Madrid

Venres 5 de setembro do 2008

Esta iniciativa agrúpase baixo o epígrafe 'Centro de dinamización socioeconómico sostible do Concello de Carballo. Forum Carballo', e implica unha actuación sobre sete ámbitos principais. Así, incidirá na promoción económica, no fomento da sociedade da información e das novas tecnoloxías, na mellora da accesibilidade, na mellora do entorno natural e medioambiental, na conciliación familiar e a cohesión social, na protección e preservación do patrimonio cultural e, por suposto, na creación de equipamentos e infraestruturas, sendo a máis importante de todas a coñecida como Casa dos Oficios (a maqueta na imaxe), que, segundo o plan de actuacións, deberá estar rematada no 2010.

De feito, un dos eixos do Proxecto Forum é o Campo da Feira da Milagrosa, co fin de converter o barrio nun lugar de encontro tanto para a creación de emprego como para ser un motor de dinamización. Para isto, o entorno dotarase de servizos e apoios empresariais e impulsarase a participación dos veciños no proxecto. Así mesmo, está previsto a creación de obradoiros formativos e servizos específicos para emprendedores. Todo sen perder de vista o desenvolvemento sostible e a avaliacion medioambiental. Esta semana, por tanto, avanzouse en Madrid para que todos os aspectos do Proxecto Fórum sexan unha realidade en 2011.

Compartir: