Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrinca a construción do centro de...

PROXECTOS

Arrinca a construción do centro de día da praza de Vigo co movemento de terras

Martes 9 de setembro do 2008

O orzamento destinado polo Consorcio Galego de Servizos para a construción deste novo edificio supera os 750.000 euros, que serán aportados na súa maioría ao longo deste ano 2009. Este centro de día funcionará de xeito independente da residencia de maiores e a empresa encargada da realización dos traballos (vista das obras na imaxe superior) dispón dun prazo de dez meses para a súa execución.

O Concello ten contribuído á creación do centro de día coa adquisición dunha das tres parcelas afectadas polo proxecto para poder efectuar a correspondente cesión. Hai que lembrar, así mesmo, que a residencia de maiores xa existente xa ten sido obxecto de melloras nos últimos meses para modernizar o edificio e mellorar algunhas das súas salas. Ademais, está prevista tamén a ampliación do número de prazas para poder acoller a persoas dependentes.

Por outra banda, dende a Concellaría de Tráfico que dirixe Benedito Viña informan de que xa rematou a instalación no municipio dos cinco novos puntos de estacionamento para bicicletas, de seis prazas cada un. Así, están situados na Praza do Concello, no Chorís, nas piscinas Carballo Calero e Vila de Noia e na praia de Razo. O goberno local espera así dar cobertura ás dúas principais áreas deportivas da capital municipal -na zona dos colexios Bergantiños e Fogar- ademais de cubrir zonas próximas aos parques ou o areal de Razo.

Compartir: