Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo formaliza a cesión...

SERVIZOS

O Concello de Carballo formaliza a cesión da parcela para a Galescola unha vez rematada a exposición pública

Mércores 10 de setembro do 2008

O pleno carballés abordou na sesión plenaria ordinaria que se celebrou o pasado 30 de xuño a cesión de terreos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O Concello obtivo o solar trala cesión regulamentaria realizada pola empresa construtora Riotorto e o goberno local espera que os traballos poidan comezar este ano. A futura escola infantil contará con oito módulos, polo que terá capacidade para acoller arredor de cen nenos e practicamente duplicará a capacidade da escola infantil actual.

Nese sentido tamén hai que destacar que a partir deste curso a Vicepresidencia da Xunta de Galicia integrará á escola infantil As Landras na rede de Galescolas do Consorcio Galego. Deste xeito, a administración local espera reducir os gastos resultantes da concesión -dos que o Concello ata o de agora asumía o 60 por cento-, xa que a partir deste novo curso a maioría dos gastos de funcionamento do servizo serán asumidos polo Consorcio.

Compartir: