Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT acada a súa faciana máis...

MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE

O FIOT acada a súa faciana máis internacional coa presenza de catro compañías de toda Europa

Luns 15 de setembro do 2008

Como ven sendo habitual, e seguindo coa liña de traballo de anteriores edicións, inténtase, por un lado, asegurar a presenza das compañías máis notables do actual panorama escénico español e, por outro, manter a outras que xa visitaron o Festival e acadaron grande éxito entre o público. Entre as dezaseis edicións que se teñen celebrado até o de agora, o FIOT 2008 destaca pola súa diversidade, xa que estarán presentes compañías de catro países europeos, co que o público poderá asistir a espectáculos de variados e orixinais estilos artísticos.

Por outra banda, o Concello carballés anuncia que este ano súmase un importante patrocinador aos colaboradores do FIOT, o Ministerio de Cultura e Deporte. Esta administración pública estará presente no festival a través dunha subvención que outorga á Asociación Cultural Telón e Aparte, o que supón ademais un recoñecemento a nivel nacional para o FIOT. Ademais do festival de Carballo, só outros dous festivais galegos reciben subvencións do Ministerio, o de Ribadavia e o de Cangas.

Compartir: