Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello adxudica o contrato para a...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello adxudica o contrato para a renovación dos parques de xogos infantís municipais

Luns 15 de setembro do 2008

Este foi o principal asunto da orde do día nunha Xunta de Goberno que tamén deu o visto bo aos expedientes de contratación para a segunda fase da rede de saneamento e a depuradora de Paradela, en Sofán; e tamén para a segunda fase da rede de saneamento en Cances da Vila. No apartado de convenios, destaca a aprobación do acordo de colaboración entre a Consellería de Industria e o Concello de Carballo para o Proxecto de Acabados do Edificio Municipal de Usos Múltiples no Polígono Industrial de Bértoa, que permitirá rematar unha construción municipal situada a carón do actual Viveiro de Empresas que servirá para dar servizo aos usuarios do parque empresarial. O orzamento total para a realización da obra supera os 160.000 euros, dos que a Consellería aportará arredor de 120.000.

No referente a Cultura e Deporte, destaca o Convenio para o V Torneo Internacional de Balonmán do Concello de Carballo e o de colaboración entre a administración local e a Asociación O Molete Psico-Pop para a celebración do Festiva Xiria Pop. Así mesmo, aprobáronse as bases para a XI edición do certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, concedéronse catro vaos permanentes e seis licenzas de obra maior.

Compartir: