Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principia a campaña de setembro de cobro...

FACENDA

Principia a campaña de setembro de cobro dos padróns fiscais

Luns 22 de setembro do 2008

O lugar para o pagamento serán as dependencias da Recadación Municipal, sitas na rúa Camiño Novo, 7, entreplanta, Galerías Comerciais, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:30 horas, de luns a venres. Os contribuintes que teñan domiciliados os seus recibos recibirán o cargo nas súas contas bancarias a partires do día 15 de outubro. Por outra banda, os padróns estarán en exposición pública durante un mes, prazo durante o que os interesados poderán examinar as cifras no Servizo de Xestión Tributaria do Concello, a fin de comprobar a exactitude dos datos que lles afecten.

Así mesmo, para informar aos contribuintes dos conceptos e importes postos ao cobro, o Concello, un ano máis, procederá ao envío de 14.668 cartas informativas nas que constan os recibos que terán postos ao cobro. Na mesma, indícaselles cales deles teñen domiciliado, algo que deben comprobar, pois, de non ter cursado orde de domiciliación expresa, os novos recibos procedentes de altas non estarán domiciliados, tendo que proceder ao pago nas dependencias da Recadación Municipal.

Lémbrase aos contribuíntes que, para unha maior comodidade e para evitar posibles olvidos que lles provoquen prexuízos económicos, é recomendable proceder á domiciliación dos recibos dos tributos periódicos, o que poden facer presentando, nas dependencias da Recadación Municipal ou no Rexistro Xeral do Concello, orde de domiciliación onde consten os datos persoais do titular do recibo, os conceptos que desexa domiciliar e a conta bancaria da que é titular, asinando debidamente a autorización.

Compartir: