Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e a Obra Social Caixa Galicia ofrecen...

EMPRENDEDORES

O Concello e a Obra Social Caixa Galicia ofrecen un curso de formación para o autoemprego e a creación de empresas

Martes 16 de setembro do 2008

As personas que participen no curso poderán recibir asesoramento personalizado para elaborar o seu Plan de Empresa e estudar a viabilidade do seu proxecto. Cando teñan elaborado o seu plan, e sempre que a súa idea sexa viable, os emprendedores poderán presentar a súa solicitude de microcrédito diante de Caixa Galicia. Os microcréditos de Caixa Galicia están dirixidos a persoas sen acceso ao financiamento bancario por falta de garantías ou de avais. Pódese solicitar ate un importe máximo de 25.000 euros, cun tipo de xuro do 4 por cen fixo e 5 anos de amortización, con 6 meses de carencia opcionais.

As datas previstas para a celebración deste cursiño son os sábados 11, 18 e 25 de outubro, así como o 8 de novembro en horario de 9.00 a 13.00 horas. A duración total da actividade é de 16 horas. As sesións desenvolveranse na Casa do Concello de Carballo. Os interesados en formalizar as inscricións poden facelo na Axencia de Emprego do Concello de Carballo (Avenida do Ambulatorio s/n), ou no teléfono 981 757 693. Tamén pode obterse máis información chamando ao 900 701 086 ou na páxina web de Caixa Galicia.

Compartir: