Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Consellería de Industria e o Concello...

PROXECTOS

A Consellería de Industria e o Concello asinan o convenio que permitirá rematar o Edificio de Usos Múltiples do Polígono de Bértoa

Martes 16 de setembro do 2008

Hai tres anos, e mediante outro acordo, neste caso coa Cámara de Comercio de A Coruña, construíuse a estrutura deste edificio municipal -situado a carón do viveiro de empresas- que se poñerá ao servizo dos moitos empresarios que demandan información sobre o polígono de Bértoa. Con este obxectivo, e para rematar o iniciado, xa está elaborado un proxecto básico de acabados para este edificio que servirá de espazo de referencia como centro de promoción económica do concello. O proxecto abrangue as seguintes actuacións: cerramentos e divisións, carpintería exterior e interior, solados e alicatados, instalacións, aparatos sanitarios, revestimentos e acabados varios, e seguridade e saúde.

A valoración global estimada das actuacións previstas ascende a 161.137,26 euros, dos que a Consellería de Innovación e Industria aporta o 75 por cento, cun importe de 120.852,94 euros, mentres que o Concello carballés aporta o 25 por cento restante. A contribución da Xunta estará repartida en dúas anualidades, con 60.426,47 euros en 2008 e unha cantidade idéntica o próximo ano. O Concello de Carballo seá o que proceda á contratación das obras, comunicando posteriormente á Dirección Xeral de Industria o resultado da adxudicación.

Compartir: