Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Consellería de Cultura e Deporte concede...

OBRAS

A Consellería de Cultura e Deporte concede unha axuda de 130.000 euros para a mellora da piscina Vila de Noia

Mércores 17 de setembro do 2008

Segundo informou o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, esta contía destinarase practicamente na súa totalidade á reforma da sala de máquinas e da caldeira das instalacións, responsables do quecemento da auga do vaso e da climatización da infraestrutura. Unha vez concedida a subvención, agora a administracion local debe presentar, no prazo de 30 días naturais, unha declaración aceptando a axuda. No mesmo prazo debera presentarse, así mesmo, o correspondente proxecto técnico e o acordo de aprobación da devandita actuación.

O Concello carballés continúa así co proceso de acondicionamento das piscinas cubertas municipais, xa que ao longo deste verán tamén se acometeu o proxecto para dotar á piscina Carballo Calero de paneis de enerxía solar térmica para aplicar as enerxías renovables ao funcionamento das instalacións. Por outra banda, hai que resaltar que a Consellería de Cultura e Deporte destinará en toda Galicia máis de catro millóns de euros -distribuídos en actuacións en máis de 90 concellos entre os anos 2008 e 2010- para a mellora de infraestruturas deportivas.

Compartir: