Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello procede ao pintado de 120 novas prazas...

TRÁFICO

O Concello procede ao pintado de 120 novas prazas de zona azul na capital municipal

Venres 19 de setembro do 2008

Unha vez estes novos estacionamentos estean operativos, o casco urbano carballés contará con arredor de 400 prazas de aparcamento regulado por zona azul, que foron creadas pouco a pouco dende o ano 2002. O Goberno local ten a intención de continuar ampliando no futuro a área de influencia deste sistema -que limita o aparcamento a 90 minutos na mesma praza- seguindo de xeito concéntrico dende o centro da vila. O obxectivo desta medida é facilitar a existencia de prazas de estacionamento e a eliminación dos vehículos lapa -ou ventosa- que ocupan unha mesma praza incluso durante todo o día. Benedito Viña sinala que a zona azul tamén favorece "que a xente poida realizar as súas xestións e compras con comodidade para que Carballo sexa o centro social e económico da zona".

Por outra banda, ao longo destes días tamén se está realizando o repintado do conxunto da sinalización viaria horizontal da capital municipal, proceso que nestes momentos está practicamente rematado. O seguinte paso será o pintado das zonas de carga e descarga, así como dos vaos permanentes, incluídos os autorizados máis recentemente. Por último, o Concello ten prevista a ampliación do número de prazas para minusválidos en novas zonas do casco urbano.

Compartir: