Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello crea unha comisión para...

CARBALLO CEDE OS TERREOS PARA UNHA TERCEIRA GALESCOLA

O Concello crea unha comisión para emprender o proceso de deslinde con A Laracha

Sábado 27 de setembro do 2008

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o tenente de Alcalde, José Antonio Viña, presentaron os asuntos da sesión, nos que tamén se inclúe a cesión de uso de dúas parcelas de equipamentos dun total de 2.300 metros cadrados para a creación dunha nova Galescola na capital municipal, co que se completaría o servizo con tres escolas infantís, de catro, oito e seis módulos cada unha. Esta terceira Galescola estaría ubicada no ámbito dos polígonos urbanos 26 e 27, entre as rúas Bos Aires e Pontevedra.

Na sesión tamén se abordarán outros asuntos, como o proxecto de urbanización dun polígono na avenida de Razo; unha solicitude de subvención para a a implantación de iluminación no campo municipal de fútbol de herba artifical por un importe de 95.589,85 euros; ou a renuncia do adxudicatario do circuíto de motor de Bértoa, unha medida que o Concello adopta "para poder poñer un espazo a disposición dos aficionados do motor", en verbas de Evencio Ferrero.

Por último, a corporación dará o visto bo aos festivos locais de 2009, que serán nas festas patronais de San Xoán, o 24 e o 25 de xuño, e as bolsas de estudos e transporte para o curso 2008/2009. Tamén haberá o consabido turno de mocións, rogos e preguntas, con catro propostas presentadas por Terra Galega.

Compartir: